27 DE SEPTIEMBRE DE 2022
O actual campión de España non podía faltar no Mundial. Jorge Punzón pugnará este domingo pola camisola do arco da vella de Cross Country Eliminator (XCE) en Barcelona. O porriñés do Cosmos forma parte da listaxe de catro convocados confeccionada polo combinado estatal.
O Campionato do Mundo de BTT Eliminator (XCE) arrancará ás 14:35 horas coas clasificatorias e as finais están fixadas para as 16:00 h. no circuíto urbano de MTB situado ao redor das Fonts de Montjuic. Xunto a Punzón defenderán as cores da selección española Alberto Mingorance e na categoría feminina Sara Gay e Ainara Elbusto. Este evento está enmarcado na Cycling Week Barcelona e chega tras tres anos nos que a capital catalá acolleu consecutivamente unha Copa do Mundo de XCE.
"Esta temporada dediqueime única e exclusivamente a preparar esta explosiva modalidade. O circuíto será similar ao da Copa do Mundo do 2020 e no mesmo lugar. A preparación foi ben e imos medirnos cos mellores riders desta disciplina na carreira máis importante do ano", sinalou o corredor do Porriño nas súas redes sociais.
BTT
BTT
BTT
BTT
BTT
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es