Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lorena Patiño sobe un chanzo no podio das UCI XCO Junior Series

25 DE FEBRERO DE 2025

A marinense asinou a segunda posición en Banyoles

Lorena-Patino-sobe-un-chanzo-no-podio-das-UCI-XCO-Junior-Series

A vixente campioa de España xuvenil acumula éxitos de dimensión internacional no inicio da temporada de Cross Country Olímpico. Unha semana despois de acadar a terceira posición en Chelva, a marinense Lorena Patiño subiu un chanzo noutro evento das UCI XCO Junior Series. A biker do Misser Project rematou segunda este domingo na Shimano Supercup Massi celebrada no circuíto catalán de Banyoles.

Nun lameiro máis propio do ciclocrós, as diferenzas entre as primeiras clasificadas foron enormes. A eslovena Marusa Serkezi (Next Generation) venceu con sete minutos e medio de vantaxe respecto a Patiño. Unha marxe similar manexou a galega respecto á outra corredora que logrou un posto no caixón, a francesa Lucile Metge (VCMAPV), baténdoa por 6:10. A segunda española en cruzar a liña de meta, a catalá Foix Miquel (Unica Relber), finalizou vixésima. 

imagen

En Banyoles competiu outro dos referentes na actualidade do noso XCO. O carballiñés Alejandro García (Mondraker) obtivo a décimo novena posición na proba sub-23, categoría na que se estrea este ano.

A seguinte cita do calendario estatal que repartirá puntos UCI chegará este vindeiro domingo en Zaragoza coa primeira xornada puntuable para a Copa de España. 

Clasificacións

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es