Facebook Twitter Youtube Instagram Español

María Filgueiras concéntrase esta semana coa selección española júnior de estrada

13 DE FEBRERO DE 2023

O combinado estatal busca con esta convivencia configurar o grupo de corredoras que participarán nas probas da Copa das Nacións UCI

Maria-Filgueiras-concentrarase-coa-seleccion-espanola-junior-de-estrada

A selección española júnior de estrada concéntrase esta semana no municipio madrileño de Torrejón de Ardoz para rematar de configurar a listaxe de ciclistas que formarán parte do equipo estatal nas probas da Copa das Nacións da Unión Ciclista Internacional (UCI). Entre as nove convocadas pola seleccionadora Gema Pascual está a galega María Filgueiras (XSM).

A ciclista de Miño vén de representar a España no Campionato do Mundo de Ciclocrós e dúas semanas despois de competir no circuíto neerlandés de Hoogerheide inicia un novo reto. Campioa estatal cadete de CRI o ano pasado, Filgueiras buscará facerse un oco nos plans do equipo xuvenil da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC). A galega terá como compañeiras nesta convivencia a Andrea Grañana, Daniela Grañana, Claudia Pérez Jover, Irene del Puerto, María Magdalena Deya, Raquel Erdociain, Tania Silvente e Esmeralda Racionero.  

Entre o 17 e o 19 de febreiro, o novo grupo de traballo conformado polas nove ciclistas mencionadas anteriormente rodarán polos arredores do Corredor del Henares lidando con diferentes tipos de terreo para establecer un primer punto de contacto coas corredoras e avaliar o seu estado de forma actual. 

Ademais, estes tres días permitirán ao equipo técnico emprender a preparación de cara ás competicións internacionais que comezan a partir do próximo mes de marzo co Piccolo Trofeo Alfredo Binda - Valli del Verbano en Italia. Deste modo, esta concentración sentará as bases para a planificación do resto de compromisos do ano. Máis información

Uxía Soto

A outra mundialista galega en Hoogerheide tamén recibiu nos últimos días a citación da RFEC para asistir a unha concentración. A selección española de BTT XCO convocou á júnior Uxía Soto para realizar tests e adestramentos en Alacante, do o 12 ao 16 de febreiro. A ponteareá do Supermercados Froiz non acudiu a esta cita por motivos persoais. Máis información 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es