12 DE JULIO DE 2022
Pontevedra acollerá no 2024 o Campionato de Europa de Ciclocrós. A Illa das Esculturas, sede do Campionato de España de Ciclocrós en 2019 e 2020, vivirá a sempre vibrante loita polo título europeo entre os mellores especialistas do vello continente.
Ata a cidade do Lérez desprazáronse este martes para recoñecer o terreo sobre o que se disputará o Campionato o Presidente da Unión Europea de Ciclismo (UEC), Enrico Della Casa; o secretario xeral da UEC, Alasdair Macclenan; o presidente da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC), José Luis López Cerrón e o presidente da Federación Ciclismo Galego (FCG), Juan Carlos Muñiz, quen xunto a técnicos do Concello de Pontevedra, da FCG e da UEC puideron comprobar a idoneidade do escenario para a realización dun evento desta magnitude.
Ademais, os representantes da UEC, a RFEC e a FCG puideron manter unha reunión co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, co obxectivo de seguir perfilando e axustando cada detalle dunha cita que cada ano congrega aos mellores ciclocrossistas de Europa e que mantén fronte á televisión a miles de afeccionados a esta atractiva disciplina.
Fonte: RFEC
CICLOCROSS
CICLOCROSS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
CICLOCROSS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es