17 DE JULIO DE 2021
Un total de 34 ciclistas representaron á Selección de Galicia na segunda e última xornada do Campionato de España en Idade Escolar e nas probas do Campionato de España Infantil de BTT que este sábado se celebraron na Comunidad de Madrid. Unha prata infantil e un bronce cadete, ambos metais nas competicións por equipos femininos de BTT, foi o botín de medallas que obtivo o combinado autonómico.
O primeiro metal da Selección chegou na carreira cadete BTT feminina do Campionato de España en Idade Escolar disputada en Villa del Prado. O oitavo posto de Aroa Otero, o décimo de María Filgueiras, o 12º de Uxía Soto e o 19º de Marta Estévez outorgáronlle a terceira praza por equipos Galicia, que compartiu podio con Baleares e coa gañadora Catalunya.
Non lle saíron tan ben as cousas aos cadetes masculinos na proba de BTT. A Selección sufriu os abandonos de Tomás Pombo e Martín Sestelo nunha carreira que Danny Buba finalizou 27º e Alejandro García, 42º.
A segunda medalla de Galicia chegou na carreira feminina do Campionato de España Infantil de BTT. Catalunya volveu facerse coa vitoria por equipos e nesta ocasión a segunda praza ocupona Galicia. O sexto posto de Iris Fernández sobresaíu na actuación galega, con Lara Pita obtendo a 12ª praza, Alba Gregores terminou 19ª e Uxía Conde, 41ª.
Os catro infantís masculinos tamén completaron o percorrido, pero non lles alcanzou para conquistar unha medalla por equipos. Marcos Rodríguez (18º), Santiago Rodrigo (19º), Xoel Cidrás (25º) e Mauro Vega (31º) formaron o cuarteto galego.
Xincana
A sesión matinal en Villa del Prado pechouse coas xincanas infantís. Xián Alvariño (12º) conseguiu o mellor resultado dos galegos nestas probas de habilidade e velocidade. Na clasificación masculina, Diego López fixo o 32, Adrián García concluíu 37º e Aarón Lorenzo, 42º. Mentres nas rapazas, Lorena Patiño clasificouse 17ª; Alejandra Neira rematou, 24ª, María Cabot, 32ª e Irene Rodríguez, 45ª.
Cadetes
A actividade ciclista pola tarde desprazouse ao municipio de San Martín de Valdeigleisas. Alí tiveron lugar as carreira en liña de cadetes, competicións que baixaron o pano do Campionato de España en Idade Escolar. Vania Gregores, 24ª, acadou o mellor posto entre as rapazas de Galicia e Iker Rodríguez, 37º, nos rapaces.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es