Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A selección española convoca a Pablo Rodríguez para o Europeo de BTT XCO

10 DE AGOSTO DE 2021

A cita continental dispútase esta semana no circuíto serbio de Novi Sad

A-seleccion-espanola-convoca-a-Pablo-Rodriguez-convoca-a-Pablo-Rodriguez-para-o-Europeo-de-BTT-XCO

Volven as competicións internacionais para Pablo Rodríguez. O elite macedán do BH Templo aparece na convocatoria de dezaoito bikers que van representar esta semana á selección española no Campionato de Europa de Novi Sad (Serbia). Entre os citados tamén está o medallista olímpico David Valero. 

O combinado que dirixe Mikel Zabala iniciará a súa participación no circuíto balcánico este xoves co 'Team Relay'. Os representantes de España para a proba de remudas por equipos aínda non foron designados polo seleccionador. A quenda da carreira raíña masculina chegará o domingo, na xornada de clausura do campionato. 

Máis información 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es