A Selección de Galicia inicia este sábado a súa participación na V Vuelta al Besaya Cadete

27 DE AGOSTO DE 2021

Seis corredores representarán ao combinado autonómico na rolda cántabra

A-Seleccion-de-Galicia-inicia-este-sabado-a-sua-participacion-na-V-Vuelta-al-Besaya-Cadete

Tres xornadas de competición agardan á Selección de Galicia cadete dende este sábado en Cantabria. O combinado autonómico disputará a V Vuelta al Besaya Cadetes, proba que se disputa en formato challenge. Seis corredores compoñen a convocatoria confeccionada polo seleccionador Jose Manuel Abalo.

Os ciclistas que defenderán as cores do equipo galego son:

Tomás Pombo Álvarez (Cambre, C.C)

Mauro Amor Berderon (Cambre, C.C.)

Alejandro Crende López (Cidade de Lugo-Mybike, C.C)

Gael García González (Compostelano, C.C.)

Ricardo Liste Silva (Compostelano, C.C.)

Iker Rodríguez Lomba (O Rosal, C.C.)

A quinta edición desta volta arranca cunha contra o reloxo por equipos de 4 quilómetros no Complexo Deportivo Óscar Freire de Torrelavega. O domingo a liña de saída e de meta estará en Reinosa, cun percorrido de 58 km. A resolución da Vuelta al Besaya chegará o luns en Los Corrales de Buelna, cunha última tirada de 57 km na que a 11 km do final atópase o cumio do alto do Collazo de Cieza, ascensión de 2ª categoría.

Web Oficial  

 

 

GALERÍA DE FOTOS

A Selección de Galicia inicia este sábado a súa participación na V Vuelta al Besaya Cadete

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es