Feijoo remonta ata a 38ª posición no Mundial de XCO

29 DE AGOSTO DE 2021

Pablo Rodríguez rematou 75º na carreira Elite

Feijoo-remonta-ata-a-38-posicion-no-Mundial-de-XCO-

Pablo Rodríguez non completou a carreira Elite en Val di Sole

Dobre presenza galega este sábado no Mundial de XCO e guións opostos os protagonizados polos dous bikers ourensáns que rodaron no circuíto italiano de Val di Sole. O sub23 Iván Feijoo remontou dende os últimos postos na grella de saída ata a 38ª praza, adiantando a media centena de participantes. Polo contrario, o elite Pablo Rodríguez asinou unha sorprendente posta en escena, situándose entre os trinta primeiros, pero foi perdendo posicións e rematou 75º.

"Estaba un pouco asustado, miraba para atrás e non había ninguén", ironizou Feijoo respecto a súa ubicación na grella de saída sub23. O alaricano no só arrancou dos últimos, senón que tivo que agardar ao ecuador da primeira volta para poder darlle aos pedais con fluidez e comezar a súa espectacular progresión. "Nesta nova primeira parte do circuíto era imposible adiantar, había que ir andando. Perdín moito tempo respecto aos 20 primeiros e xa levaba 2 minutos perdidos no primeiro paso pola meta. Tiven que facer unha contra o reloxo ata o final", explicou o de Allariz. 

"Fun pouco a pouco collendo o meu ritmo e adiantei case á metada da grella, 50 postos. Sabía que se saíra máis adiante podía pelexar por un posto bonito, pero aínda así me conformo cunha bonita remonta e un bo posto", valorou satisfeito Feijoo, 38º na meta a 7:33 do gañador Martin Vidaurre (Chile). 

Unha carreira á inversa viviu Pablo Rodríguez na competición elite. O de Maceda bordouno no inicio, pero o forte ritmo que lle permitiu rodar no Top-30 pasoulle factura. Concluíu na posición 75 e cedendo unha volta respecto ao vencedor Nino Schurter (Suíza).

A actuación galega en Val di Sole pecharase este domingo, última xornada deste evento, con Ángel Suárez no Campionato do Mundo de Descenso. O elite vigués disputará a final despois da súa 53ª praza na clasificatoria. 

Máis información

 

GALERÍA DE FOTOS

Feijoo remonta ata a 38ª posición no Mundial de XCO

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es