Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Galicia despediu a súa intensa dobre cita en Valladolid coas carreiras juniors

04 DE JULIO DE 2022

Cinco xuvenís da Selección de Breogán completaron as probas de fondo do Campionato de España

Galicia-despediu-a-sua-intensa-dobre-cita-en-Valladolid-coas-carreiras-juniors

Fotos: Luz Iglesias

A sorte deu as costas á Selección de Galicia no peche da intensa dobre cita celebrada en Valladolid dende o pasado xoves. Este domingo disputáronse as carreiras de fondo do Campionato de España Júnior. As caídas e as avarías marcaron a actuación da Selección de Breogán

A proba feminina presentou un percorrido de 81 quilómetros polo páramo castelán. Catro corredoras do combinado da Federación Ciclismo Galego (Sonia Domínguez, Andrea Prado, Carmen Mallo e Laura Mira) rodaban no pelotón ata que a falta de 25 km para a chegada unha caída as cortou. Este contratempo non impediu que dúas delas remataran a proba. 

Andrea Prado, júnior de primeiro ano, clasificouse 32ª a 4:18 da gañadora Laura Ruíz (Cantabria) e co mesmo tempo que a súa compañeira de Selección entrou na meta co culotte totalmente roto Sonia Domínguez, no posto 41º, a galega máis afectada pola caída. As dúas souberon sufrir para acabar a carreira. 

Cos seus ósos no chan tamén deu Asier Torrado no km 40 da competición masculina e viuse obrigado a abandonar cando se viña de completar o primeiro terzo do percorrido de 120 km. O infortunio cebouse posteriormente con Lucas Aguiar, que sufriu unha picada xusto antes de iniciar a ascensión ao Portillo, a principal ascensión da xornada. Esa subida afrontárona formando parte do grupo principal tres representantes da Selección. 

O galego que se estaba atopando con mellores pernas non puido finalmente pugnar por un posto de honra debido a un problema mecánico. A Gonzalo Gallego rompeulle a cadea a falta de 10 km para a meta e terminou na posición 52, a 1:40 do vencedor Yago Aguirre (Euskadi), cunha bicicleta que lle facilitou o coche neutro. Pola súa banda, Ricardo Buba (73º) e Sergio Calvo (74º) concluíron a 6:12 do primeiro clasificado. Por equipos, Galicia ocupou a 14ª praza.

"Con boa actitude, pero sen sorte", tal e como o resumiu as carreiras juniors o seleccionador de estrada Jacobo Ucha, a expedición da FCG regresou de Valladolid tras catro días de competición nos que acadou catro medallas nos Campionatos de España de Escolares, todas en idade cadete: os ouros individuais de María Filgueiras, na contra o reloxo de estrada, e de Lorena Patiño, no Cross Country Olímpico; e as pratas por equipos no XCO. 

Máis información e clasificacións

GALERÍA DE FOTOS

Galicia despediu a súa intensa dobre cita en Valladolid coas carreiras juniors
Galicia despediu a súa intensa dobre cita en Valladolid coas carreiras juniors
Galicia despediu a súa intensa dobre cita en Valladolid coas carreiras juniors
Galicia despediu a súa intensa dobre cita en Valladolid coas carreiras juniors
Galicia despediu a súa intensa dobre cita en Valladolid coas carreiras juniors
Galicia despediu a súa intensa dobre cita en Valladolid coas carreiras juniors
Galicia despediu a súa intensa dobre cita en Valladolid coas carreiras juniors
Galicia despediu a súa intensa dobre cita en Valladolid coas carreiras juniors
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es