Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Galicia remonta ata o quinto posto no Team Relay do Campionato de España XCO

23 DE JULIO DE 2022

Unha caída na primeira volta deixa sen opcións de medalla ao quinteto da Selección de Breogán

Galicia-remonta-ata-a-quinta-praza-no-Team-Relay-do-Campionato-de-Espana-XCO

 O Campionato de España XCO-XCE-TR 2022 comezou este venres no circuíto de la Candeleda-Gredos cun contratempo e un exercicio de fe da Selección de Breogán. Unha caída na primeira volta da carreira de remudas por combinados autonómicos desbaratou as posibilidades de que Galicia pisara o caixón. Malia o accidente inicial, o quinteto composto polo júnior Danny Buba, o sub23 Anxo Carril, a elite Lara Lois, a júnior Uxía Soto e o elite Manuel Parada remontou dende a décima praza, a derradeira, ata a quinta. 

O representante do conxunto dirixido por Alberto del Río que bicou o chan foi Danny Buba. O actual campión de Galicia xuvenil caeu durante os primeiros 4,5 km e pasoulle o testemuño a Anxo Carril ao mesmo tempo que Canarias completaba volta. O sub23 adiantou a catro seleccións e a elite conservou o posto antes de que Uxía Soto mantivera ao equipo da FCG na pugna polo quinta praza que rubricou Manuel Parada. O elite asinou o mellor parcial do quinteto (16:07) e superou a tres bikers, a última delas a sub23 navarra Estíbaliz Sagardoy practicamente sobre a liña de meta. 

A actividade para a Selección de Breogán na provincia de Ávila continuará este sábado coa participación de Anxo Carril, ás 12:45 horas, na proba individual sub23. Para o domingo quedan as carreiras juniors e as elites. 

 

 

Máis información e clasificacións 

GALERÍA DE FOTOS

Galicia remonta ata o quinto posto no Team Relay do Campionato de España XCO
Galicia remonta ata o quinto posto no Team Relay do Campionato de España XCO
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es