26 DE JULIO DE 2022
Éxito da Selección de Galicia durante a pasada fin de semana ao outro lado do Miño. A cadete Lorena Patiño anotouse unha etapa e a clasificación xeral da Volta ao Nordeste en Portugal. Ao podio final da primeira edición desta rolda lusa tamén subiu a júnior galega Sonia Domínguez (Team Farto-BTC) como terceira entre as xuvenís.
Tres semanas despois de proclamarse campioa de España de XCO, a marinense Patiño volveu triunfar coas cores da Selección de Breogán. Nesta ocasión fíxoo por partida dobre. Na Volta ao Nordeste comezou logrando a vitoria parcial na tirada do sábado entre Carrazeda de Ansiães e o alto de Vila Flor. Os 62,4 quilómetros completounos cunha vantaxe de 39 segundos respecto a Irene Moreno (Fuenlabrada).
A representante do combinado da Federación Ciclismo Galego e a corredora do conxunto madrileño volveron ser as máis fortes o domingo nos 64,9 km con saída en Vila Flor e meta en Mirandela. A orde de chegada inverteuse e a vitoria de etapa correspondeu a Moreno por unha marxe de 5" sobre Patiño, que deste xeito certificou o seu primeiro posto na xeral. Alice Bottino (Hydpinturas), a terceira clasificada tanto nas dúas xornadas como na volta, rematou a 12:37 da corredora de Marín.
A Selección dirixida por Jacobo Ucha competiu con outras seis corredoras, tres cadetes (Lara Fuentes, Lucía Ballester e María Filgueiras) e tres juniors (Carmen Mallo, Andrea Prado e Laura Mira), que contribuíron co seu esforzo para que Patiño conquistara a camisola de líder. Ademais de traballar a prol da súa compañeira nesta volta, Fuentes asinou a 14ª praza na xeral final logo de terminar a primeira etapa na 21ª posición, xusto por detrás de Ballester.
Sonia Domínguez
O Team Farto-BTC e o Kiwi Atlántico-Louriña foron os outros dous equipos galegos que participaron nesta cita organizada pola Associação de Ciclismo de Bragança. A formación de Pontevedra colleitou dous postos de podio nas xerais. Sonia Domínguez, terceira na etapa do sábado e segunda na do domingo, concluíu terceira nas juniors a 14:09 da gañadora das dúas tiradas Iris Chagas (Catanhede). O mesmo resultado global na volta, o terceiro posto, acadouno para o conxunto con sede na cidade do Lérez a valenciana Marta Romeu nas elites.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es