España convoca a Damián Ramos para a Copa do Mundo e o Mundial de Ciclismo Adaptado en Canadá

02 DE AGOSTO DE 2022

A dobre cita terá lugar no Quebec dende o 4 ao 14 de agosto

Espana-convoca-a-Damian-Ramos-para-a-Copa-do-Mundo-e-o-Mundial-de-Ciclismo-Adaptado-en-Canada

O 2022 é un ano de estreas internacionais para Damián Ramos. Despois de debutar o pasado mes de maio na Copa do Mundo e no Campionato de Europa, o paraciclista da clase C5 participará por primeira vez no Campionato do Mundo. O corredor coruñés do ParaciclismoGalicia forma parte da convocatoria da selección española de Ciclismo Adaptado para a Copa do Mundo e o Mundial que se celebran dende o 4 ao 14 de agosto na provincia canadense do Quebec. 

O seleccionador estatal Félix García Casas confeccionou unha lista de dezasete paraciclistas. Ramos, o único representante que España vai ter na categoría MC5, entrará en acción este venres na contra o reloxo individiual da Copa do Mundo e o domingo disputará a proba en liña. O Mundial arrancará o día 11. 

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es