Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Jorge Punzón, 18º no Mundial de Eliminator

04 DE OCTUBRE DE 2022

O porriñés superou a clasificatoria e quedou eliminado na primeira rolda

Jorge-Punzon-18-no-Mundial-de-Eliminator-

Defendendo as cores da selección española Jorge Punzón disputou o pasado domingo en Barcelona o Campionato do Mundo de BTT Eliminator. O corredor porriñés superou a clasificatoria no circuíto ao redor das Fonts de Montjuïc, pero quedou apeado na primeira rolda de carreiras. O actual campión estatatal de XCE ocupou a 18ª posición, un resultado que non o deixou satisfeito. 

"Non é o esperado nin un pequeno reflexo do traballo que hai detrás. Agora só podo descansar, mirar cara diante e aprender dos meus erros", publicou Punzón nas súas redes sociais. A mellor actuación do combinado estatal na proba encadrada na Cycling Week Barcelona asinouna Alberto Mingorance. O andaluz alcanzou as semifinais e rematou oitavo.

 

Máis información

GALERÍA DE FOTOS

Jorge Punzón, 18º no Mundial de Eliminator
 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es