07 DE NOVIEMBRE DE 2022
Fotos: RFEC / Óscar Cantero
A selección española tivo acento galego no Campionato de Europa celebrado durante a fin de semana na localidade belga de Namur. Media ducia de ciclocrosistas da nosa comunidade defenderon as cores do combinado estatal e nas súas categorías dous deles asinaron os mellores resultados do grupo dirixido polo seleccionador Pascual Momparler. O ponteareán Miguel Rodríguez obtivo a 25ª posición na carreira sub23 e a betanceira María Filgueiras rematou 36ª na proba júnior.
Non faltou a lama na primeira gran cita internacional da temporada. Para Miguel Rodríguez era a súa segunda experiencia nun Europeo e o corredor do Supermercados Froiz completou unha actuación moi regular. Dende o inicio moveuse nos postos intermedios entre os 51 participantes sub23 e nesa zona da clasificación se mantivo ata cruzar a liña de meta a 5:11 do gañador Emiel Vestrynge (Bélxica). O de Ponteareas superou aos seus tres compañeiros de selección: Gonzalo Inguanzo (33º), Raúl Mira (44º) e Javier Zaera (48º).
O sábado tamén competiron as juniors, categoría na que o 75% do combinado estatal era galego. María Filgueiras, no seu debut con España, entrou na liña de meta 36ª a 5:57 de Lauren Molengraaf (Países Baixos), que superou no esprint pola vitoria á italiana Valentina Corvi. Tres postos por detrás da betanceira concluíu a Aroa Otero, na súa primeira experiencia internacional, a continuación da porriñesa chegou a vasca Nahia Arana e a ponteareá Uxía Soto, lastrada por un contratempo mecánico, ocupou a 43ª posición.
O Campionato de Europa, evento que no 2024 terá como escenario Pontevedra, baixou o pano o domingo con dous galegos en acción. Na súa estrea coa selección española o júnior carballés Tomás Pombo finalizou 37º, a 3:44 do vencedor Léo Bisiaux (Francia), e segundo mellor xuvenil do quinteto hispano formado por Carlos Gámez (32º), Hodei Muñoz (46º), David Ivars (49º) e Emilio Reinoso (52º). Pola súa banda, á porriñesa Laura Mira correspondeulle o 32º posto na carreira sub23.
Galicia, con seis representantes, foi a comunidade autónoma cunha presenza máis numerosa na expedición española composta por 17 ciclocrosistas. Euskadi contou con catro, a Comunidade Valenciana con tres e un corredor aportaron Cantabria, Catalunya, Aragón e a Comunidade de Madrid.
Máis información e clasificacións
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es