08 DE ABRIL DE 2023
O carrusel de Campionatos de España de BTT no 2023 comeza fóra da península ibérica. O municipio de Puntallana, na illa tinerfeña de La Palma, será o escenario do estatal de Enduro o 22 de abril. Malia as complicacións loxísticas da viaxe, a Federación Ciclismo Galego (FCG) reafirma a súa aposta pola especialidade, polas categorías de formación e por impulsar o ciclismo feminino cunha convocatoria formada por sete riders, unha citación que se caracteriza pola súa xuventude e na que aparecen dúas mulleres.
A expedición da Selección de Breogán, comandada pola seleccionadora Eva Castro, partirá o mércores 19 de abril dende Santiago de Compostela:
ELITE F
Alba Arias García (CiclosQuintena, C.)
SUB23 M
David Fernández Pérez (Avanza, A.D.)
JÚNIOR M
André Martínez Rodríguez (Avanza, A.D.)
Uxío Atrio Domínguez (Maceda, C.C)
Hugo Rosendo Piñeiro (Cerdedo-Cotobade, C.C.)
CADETE F
Arantxa Gómez Martínez (OsdoSacho, C.)
CADETE M
Yeray Peláez Taboada (Coruxo, C.C.)
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es