Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Lara Lois debutará coa selección española na Sparta MTB Races

10 DE OCTUBRE DE 2023

O evento grego ofrece tres carreiras C1 con importantes puntos de cara ao proceso clasificatorio para os XXOO

Lara-Lois-debutara-coa-seleccion-espanola-na-Sparta-MTB-Races

A actual campioa de España de Cross Country Olímpico estrearase nunha competición coas cores do combinado estatal. Lara Lois (RG Bikes) é unha das tres bikers convocadas pola seleccionadora Anna Villar para disputar en Grecia, entre o 19 e o 22 de outubro, a Sparta MTB Races. Este evento consta de tres carreiras da clase C1 que ofrecerán importantes puntos de cara ao proceso clasificatoria para os Xogos Olímpicos de París 2024.

A grovense, Rocío García e Estíbaliz Sagardoy serán as encargadas de tentar sumar o maior número de puntos posibles co obxectivo de que España conte con representación o vindeiro verán na cita olímpica. O circuíto sobre o que celebrarán as carreiras da Sparta MTB Races presenta unha lonxituide de 4,1 quilómetros, 230 metros de desnivel e algúns treitos de ascenso realmente esixentes.

Máis información

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es