26 DE SEPTIEMBRE DE 2024
Foto: Luz Iglesias
A 3h Resistencia abrirá no 2025 por cuarto ano consecutivo o calendario de probas competitivas de BTT da Federación Ciclismo Galego. Cos mesmos seis escenarios que o pasado inverno, a dobre variación consiste en que Muros acollerá o Campionato de Galicia, o 23 de febreiro, e Narón regresa á Copa despois de ter repartido neste 2024 as coroas autonómicas. O espectáculo dos 180 minutos arranca o 19 de xaneiro.
CALENDARIO
COPA GALICIA
19/1 3 Horas Resistencia Lousame - BTT O Treito C.
26/1 3H BTT Noia - Toxo P.C.
2/2 3 Horas Resistencia Concello de Camariñas - Baikers do Vilán P.C.
9/2 3H Resistencia Vilagarcía - Arousa Bike BTT C.
16/2 IV Resitencia BTT Cidade de Narón - Narón C.C.
CAMPIONATO DE GALICIA
23/2 3H BTT Resistencia Concello de Muros - Muros C.C.
Toda a información sobre a Copa Galicia 3h Resistencia podes atopala na súa sección dentro desta páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaR25
BTT
BTT
BTT
BTT
BMX
BMX
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es