14 DE OCTUBRE DE 2023
A segunda edición do Campionato de España de Pump Track disputarase o vindeiro domingo, 22 de outubro, na localidade oscense de Fraga e por primeira vez a Selección de Galicia participará na gran cita estatal desta emerxente especialidade. O combinado autonómico desprazará á provincia de Huesca un conxunto que se caracteriza pola súa xuventude e avalado polos resultados que algúns dos seus compoñentes acadaron recentemente na Copa de España. A convocatoria de oito riders confeccionada pola seleccionadora Eva Castro é a seguinte:
INFANTIL
Ainoa Posada Altolaguirre (Ponteareas, C.C,)
Mario Barreiro González (VK Bikes, C.)
Aarón Gómez Solla (Coruxo, C.C.)
CADETE
Xabi Rial Pola (Bici Verde, C.C.)
JÚNIOR
Alba Fernández López (Pontebike Team, C.)
Xoel Pereira Rial (Bici Verde, C.C.)
Raúl Gándara Costa (A Forna, A.D.)
SUB-23
Sergio Veiga Amado (CiclosQuintena, C.)
A lista da Selección de Breogán quedou perfilada despois da Xornada de Formación da Federación Ciclismo Galego (FCG) que tivo lugar o pasado domingo en Vilagarcía de Arousa. A sesión dirixida por Eva Castro celebrouse no pump track municipal do barrio da Florida, onde dezaseis riders completaron un adestramento no que se mesturaron teoría e práctica. A actividade reuniu a un bo número de espectadores e contou coa visita do alcalde vilagarcián Alberto Varela acompañado polo concelleiro de Deportes, Carlos Coira.
Paddock en Fraga
Formando parte da expedición do combinado galego en Fraga estará Pablo Alfaya como mecánico. A FCG montará nas inmediacións da pista de pump track o seu habitual paddock, que poderá ser utilizado por todas e todos os corredores galegos que compitan no Campionato de España, seleccionados por Galicia ou non. Por motivos loxísticos, agradécese que todos aqueles que teñan previsto empregalo o comuniquen con antelación a través da conta de correo electrónico eva@fgalegaciclismo.es
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es