08 DE JULIO DE 2021
Doce bikers representarán á Selección de Galicia dende este venres no Campionato de España XCO/XCE/TR que se celebra en Sabiñánigo (Huesca). O primeiro desafío para o combinado autonómico no circuíto oscense será defender o título acadado hai dous anos na proba Team Relay, a carreira de remudas por equipos.
Despois de que no 2020 non se disputara esta competición no campionato que tivo lugar en Valladolid, Galicia porá en xogo a súa coroa no trazado de Santa Lucía cun cuarteto formado polo júnior Miguel Rodríguez (Ponteareas, C.C.), o sub23 Andrés Valcárcel (Monforte, C.C), a elite Lara Lois (Extol MTB Team) e o elite Jorge Punzón (Cosmos, C.D.)
O circuíto deseñado polo laureado biker galego-catalán José Antonio Hermida ten unha lonxitude de 4,9 quilómetros. Trátase dun percorrido no que a destreza técnica será moi importante e con dureza para marcar diferenzas. O Team Relay arrancará ás 18:00 horas.
A seguinte xornada, a do sábado, comezará coas carreiras de Cross Country Olímpico (XCO) dos grupos de idade máster masculinos. Manuel Parada (Club de Montaña Xesteiras) vestirá a equipación da Selección de Galicia na proba máster-30, programada para as 10:45 h. Esta sesión matinal concluirá cos sub23 masculinos, ás 12:45 h, co alaricano Iván Feijoo liderando á estrutura do BH Templo e con Andrés Valcárcel e David Fernández (Avanza, A.D.) por parte do combinado galego.
Eliminator
A tarde do sábado está reservada ao Cross Country Eliminator (XCE). Dende as 19:00 h a Selección presentará nesta explosiva especialidade a seis bikers: Anxo Carril (Coruxo, C.C.), Sofía Álvarez (Cambre, C.C.), Andrés Valcárcel, David Fernández, Alberto Pedreira (Bici Verde, C.C.) e ao vixente subcampión estatal Jorge Punzón.
O domingo clausuraranse os campionatos cun intenso programa de carreiras de XCO. A júnior masculina porase en marcha ás 08:30 h e Galicia contará na liña de saída con Miguel Rodríguez, Gabriel Conde (Avanza, A.D.) e Anxo Carril. As categorías femininas empezarán a partir das 10:15 h coa Selección representada por Lara Lois nas elites e Laura Mira (Avanza, A.D.) e Sofía Álvarez nas juniors. Por último, ás 12:15 h, chegará a quenda dos elites, proba raíña masculina na que o macedao Pablo Rodríguez opta ao podio co maillot do BH Templo e na que as bazas do conxunto autonómico serán Brais Sendín (Máster da Louriña), Jorge Punzón e Alberto Pedreira.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es