Facebook Twitter Youtube Instagram Español

A Selección de Galicia afronta tres campionatos de España tras someterse a un cribado en Santiago

15 DE JULIO DE 2021

Este venres comezan na Comunidad de Madrid os estatais de Idade Escolar e Júnior de estrada, mentres que o domingo celébrase o de Descenso en Panticosa (Huesca)

A-Seleccion-de-Galicia-afronta-tres-campionatos-de-Espana-tras-someterse-a-un-cribado-en-Santiago

Medio cento de ciclistas defenderán durante tres días as cores da Selección de Galicia en tres campionatos de España. Este venres comezan na Comunidad de Madrid os estatais de Idade Escolar e Júnior de estrada, mentres que o domingo celébrase o de Descenso en Panticosa (Huesca). Unha tripla cita á que o combinado autonómico acode tras someter este xoves a un cribado a todos os seus representantes, incluído o corpo técnico, nos exteriores do Estadio Vero Boquete en Santiago de Compostela. 

As contra o reloxos darán inicio este venres aos campionatos escolares e xuvenís. Ás 09:00 horas comezará na localidade madrileña de Cadalso de los Vidrios as CRI juniors, sobre unha distancia de 15,3 quilómetros. Esta xornada matinal continuará en Cenicientos coas 'cronos' por equipos, feminina (11:00 h) e masculina (11:45 h), nun percorrido de 9,4 km e a loita individual contra o reloxo completarase en Cadalso de los Vidrios a partir das 11:30 h. coas e cos cadetes afrontando un trazado de 9,4 km. Pola tarde, San Martín de Valdeiglesias acollerá as carreiras en liña infantís dende as 18:00 h. 

O sábado está reservado para o Campionato en Idade Escolar. As competicións comezarán ás 08:45 horas en Villa del Prado, onde ao longo da mañá disputaranse as carreiras de BTT cadetes e Infantís, así como a Gymkana Infantil. Por último, as categorías cadetes baixarán o pano deste evento en San Martín de Valdeiglesias pola tarde. A proba en liña feminina arrancará ás 16:30 h e máis tarde (18:15 h) porase en marcha a masculina. 

A actividade ciclista en terras madrileñas, con máis de 40 representantes da Selección de Galicia competindo nestas tres xornadas, concluirá o domingo en San Martín de Valdeiglesias poñendo en xogo os títulos xuvenís de fondo en estrada. O pelotón júnior feminino empezará a darlle aos pedais ás 09:00 h nun percorrido de 76,4 km e o bandeirazo de saída aos 122,5 km dos juniors masculinos darase ás 11:30 h. 

Descenso 

 As outras coroas estatais que a Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) reparte nesta longa fin de semana agardan no circuíto oscense de Panticosa polos especialistas en Descenso. A Selección de Galicia presentará media ducia de riders no Campionato de España de DHI. Tras os adestramentos oficiais e a presentación dos equipos do sábado, o domingo chegará a quenda da competición ás 10:00 h. Primeiro celebrarase e a quenda clasificatoria e a manga final está prevista para as 12:00 h. 

Convocatoria Campionato Idade Escolar

Convocatoria Campionato Júnior de estrada

Convocatoria Campionato Descenso

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es