13 DE JUNIO DE 2024
A vindeira semana a Comunidad de Madrid acollerá os Campionatos de España de Estrada para ciclistas Elite e Sub-23, unha cita para que ultima a súa preparación a Selección de Galicia. Os preconvocados da categoría sub-23 realizaron este mércores una adestramento conxunto e o escenario elixido foi a comarca do Ribeiro. Os corredores citados polo seleccionador Jacobo Ucha acumularon quilómetros nas súas pernas nun terreo e nunhas condicións climatolóxicas similares ás que se van atopar na competición estatal.
Esta sesión de calidade pola provincia de Ourense arrancou dende Barbantes, no concello de Cenlle, e o percorrido completado alcanzou os 136 quilómetros, con 2.200 metros de desnivel positivo acumulado. Ademais de avaliar o estado de forma dos ciclistas, con esta convivencia tamén se buscou reforzar a unidade do grupo. O Campionato de España 2024 comezará o venres 21 coa contra o reloxo individual en Galapagar e o sábado 22 disputarase a carreira de fondo sub-23 en San Lorenzo del Escorial.
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
SELECCIÓNS
R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es