Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Saúl Vilar acode coa selección española ao Campionato de Europa de BMX Freestyle en Eindhoven

01 DE OCTUBRE DE 2025

O rider vigués buscará este venres o pase á final de Park

Saul-Vilar-acode-coa-seleccion-espanola-ao-Campionato-de-Europa-de-BMX-Freestyle-en-Eindhoven

Foto: RFEC

Un mes despois de lograr o seu primeiro título absoluto de campión estatal, Saúl Vilar aspira a seguir medrando aos seus 18 anos no Campionato de Europa de BMX Freestyle que esta semana se disputa na cidade neerlandesa de Eindhoven. O rider vigués do BMX Cromoly é un dos tres convocados polo coordinador da selección española, Javi Alonso, para participar na especialidade de Park. O venres celébrase a clasificatoria para a final do sábado.  

Máis información 

     
   

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es