Facebook Twitter Youtube Instagram Español

Eva Castro renova o seu compromiso coa FCG

09 DE ENERO DE 2024

Continuará como seleccionadora de Galicia das especialidades gravity

Eva-Castro-renova-o-seu-compromiso-coa-FCG

Coa mesma ilusión que asumiu o cargo hai un ano, unha das mellores corredoras galegas de todos os tempos repetirá neste 2024 no corpo técnico da Selección de Breogán. Eva Castro renovou o seu compromiso coa Federación Ciclismo Galego (FCG) e continuará como seleccionadora de BTT nas especialidades gravity: Enduro, Descenso e Pump Track. Consolidar o traballo realizado será un dos obxectivos nunha temporada que se presenta tan apaixonante como a da súa estrea. 

Pioneira na nosa comunidade durante a súa etapa como corredora, a enerxía que a caracterizou sobre a bicicleta aplicouna na súa primeira experiencia como seleccionadora. Ademais de dirixir ao combinado autonómico nos campionatos de España e en competicións preparatorias para as grandes citas estatais, realizou un labor constante coa base. Ás xornadas de Formación FCG organizadas para controlar e estimular á canteira, engadiuse o Campus Mini DH Ciclismo Galego by Eva Castro que celebrou a súa primeira edición na Estación de Montaña de Manzaneda. 

O balance do 2023 foi moi positivo. Esa satisfacción xeral plasmouse o pasado domingo no Campionato de Galicia de Ciclocrós en Cambre, onde Juan Carlos Muñiz, presidente da FCG, e a seleccionadora selaron a prolongación do acordo. A man dereita de Eva Castro volverá ser no novo curso o seu axudante Luis Manovel Pikas, un técnico de recoñecido prestixio que seguirá poñendo os seus coñecementos ao servizo das riders e dos riders de Galicia. 

 

R/ Fotógrafo Luís Ksado, 17
36209 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986.22.41.58
federacion@fgalegaciclismo.es